Jueves, 15 Noviembre 2018
Bienvenidos a la portada
BASES PROCESO SELECTIVO AXUDA A DOMICILIO PDF Imprimir E-mail
Escrito por Perfil Contratante   
Viernes, 19 de Octubre de 2018 13:03

Para ver o documento prema aqui

 

INICIO DO PROCEDEMENTO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA O POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO.

D. JESÚS CARREIRA FERREIRO, Alcalde-Presidente do Concello de Guntín. Lugo.-

Vistas as necesidade de contratación de persoal de Auxiliar de Axuda a Domicilio para cubrir novas demandas do servizo e vacacións de outras auxiliares

Visto o art. 21.1.g) da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local

RESOLVO:

1º.- Prestarlle aprobación ás bases específicas para a listaxe de emprego de Auxiliar de Axuda a Domicilio.

BASES ESPECÍFICAS QUE REXERÁN O CONCURSO- OPOSICIÓN AO OBXECTO DE PROVISIÓN DE UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO

1.- OBXECTO DA BASES ESPECÍFICAS: Provisión de UNHA praza de AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, e a constitución de listaxe de aspirantes para prestar servizos temporais como AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO

2.- BASES XERAIS: No presente proceso selectivo rexerán as bases xerais aprobadas Por Resolución da Alcaldía: Decreto  Nº 2018-0092 de 12/06/2018.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou a través das formas establecidas na vixente Lei do Procedemento Administrativo Común. Cando se presente mediante correo postal, deberá entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo persoal do Servizo.

De optar por presentar a solicitude a través de mecanismo distinto, deberá poñelo en coñecemento da Entidade mediante Fax (982320001) ou a través do correo electrónico ( Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ) antes de rematar o prazo de presentar solicitudes.

Prazo de presentación: dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación de extracto da convocatoria no BOP.

3.- RELACIÓN XURÍDICA: Contratación laboral temporal, por calquera das modalidades establecidas no Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, pola que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

4.- CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS:

4.1.- DENOMINACIÓN DAS PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS: Auxiliar de Axuda a Domicilio.

4.2.- GRUPO DE ENCADRAMENTO: Grupo E. (Grupo 10 Seguridade Social)

4.3.- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir polo/a ocupante serán as corresponden á praza/posto/emprego de AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO.

4.4.- DURACIÓN DO CONTRATO: 6 MESES.

4.5.- DURACIÓN DA BOLSA: 3 ANOS

5.- ADSCRICIÓN: Ás distintas Unidades Administrativas,  unha vez motivada a preceptiva necesidade urxente e inaprazable da incorporación.

6.- FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO: As correspondentes a un Auxiliar de Axuda a Domicilio, sen prexuízo de que por necesidades motivadas do servizo poida prestalos en postos ou unidades diferentes de Concello de Guntín.

7.-  REQUISITOS INDISPENSABLES:

7.1.- TITULACIÓN ACADÉMICA E/OU PROFESIONAIS:

v De acordo co apartado c) do artigo 135 do RD 781/86, de 18 de abril; co artigo 25da Lei 30/84, de 2 de agosto; co apartado e) do artigo 56 e artigo 77 do Real decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), será necesario estar en posesión dalgún dos títulos académicos e/ou profesionais que se sinalan na Resolución de 3 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (BOEnº 274, luns, 16 de novembro de 2015):

Ø Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería (Rela Decreto 546/1995, de 7 de abril; ou equivalente segundo Real Decreto 777/1998, de 30 de abril).

Ø Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia ( Real Decreto 1593/2011, de 4 de novembro ou equivalente segundo Real Decreto 496/2003, de 2 de maio).

Ø Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio (Real Decreto 1379/2008), de 1 de agosto)

Ø Cualificación profesional de Atención Sdociosanitaria a persoas no domicilio ( Real Decreto 295/2004, de 20 de febreiro).

Ø Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais (Real Decreto 1379/2008, de 1 de agosto).

v Permiso de conducir “B” obrigatorio.

v Nivel de coñecemento do idioma galego esixido para realizar as funcións da praza/ posto/ emprego convocado CELGA1 ou se carece desta acreditación a persoa aspirante someterase obrigatoriamente a proba de coñecemento do idioma galego.

8.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN: CONCURSO- OPOSICIÓN.

O proceso selectivo constará de dúas fases. Unha fase de concurso e outra fase de oposición.

A cualificación final do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición e na de concurso.

8.1.- FASE DE CONCURSO: BAREMO DE MÉRITOS (puntuación máxima 15 puntos).

Criterios xerais para todos os apartados do baremo:

Só se valorarán os méritos que a xuízo do Tribunal estean acreditados.

 

Non se valorarán os méritos acreditados que non estean relacionados, a xuízo do Tribunal, coas funcións de Auxiliar de Axuda a Domicilio, a excepción do apartado de idioma Galego que se puntuará en todos os casos

 

8.1.1. Formación Complementaria (puntuación máxima 5 puntos).

Criterios xerais:

· Non se puntuarán as sinaturas ou materias que formen parte dunha titulación académica, nin de masters propios.

· Os cursos de informática valoraranse sempre que o Tribunal considere que son necesarios para realizar as tarefas do posto.

· Non se puntuarán as accións formativas que non acreditan as horas de duración.

 

Criterios de Puntuación:

a) Cursos, xornadas, seminarios, congresos, masters propios e similares:

 

TIPO DE CURSOS

PUNTUACIÓN POR HORA

Asistencia.

0,05

Aproveitamento.

0,10

8.1.2 Experiencia profesional (puntuación máxima de 7 puntos).

Criterios xerais:

· O cómputo dos días de experiencia profesional realizarase conforme aos días acreditados no informe de vida laboral.

· A experiencia nas Administracións Públicas e/ou nas Entidades do Sector Público puntuarase se a relación de servizos é funcionarial, laboral ou, se é o caso, autónoma.

· No suposto de ser autónomo a puntuación realizarase segundo o tempo certificado polas Administracións Públicas ou polas Entidades do Sector Público que corresponda.

· A puntuación da experiencia profesional en entidades privadas realizarase en atención a denominación dos servizos prestados que figuren no contrato de traballo ou na nómina.

Criterios de puntuación:

a) Experiencia profesional nas Administracións Públicas e/ou nas Entidades do Sector Público.

· Desempeño nas mesmas prazas/postos/empregos que se convoca na administración local: Valorarase a razón de 0,50 puntos por cada 30 días de traballo.

· Desempeño da prazas/postos/empregos que se convocan noutras administracións ou entidades do sector público: Valorarase a razón de 0,40 puntos por cada 30 días de traballo.

b) Experiencia profesional  en Entidades Privadas.

· Desempeño do mesmo posto/emprego: Valorarase a razón de 0,25 puntos por cada 30 días de traballo.

 

8.1.3.- Entrevista curricular (puntuación máxima 3 puntos).

A entrevista terá como finalidade apreciar o grao de madurez, grao de formación xeral e técnica, formación e experiencia acreditadas no currículo, en relación coas funcións que se sinalan nas bases específicas da praza/posto/emprego ao que se opta.

Valorarase principalmente a aptitude e actitude para a praza/emprego que se convoca.

A entrevista será obrigatoria,  sendo eliminados do proceso selectivo aquelas persoas aspirantes que non se presenten a súa realización.

9.2.- FASE DE OPOSICIÓN:

As probas a realizar na fase de oposición serán as seguintes:

8.2.1. PROBA TEÓRICA DE COÑECEMENTOS XERAIS E ESPECÍFICOS.

Esta proba terá carácter teórico e a súa finalidade é que as persoas aspirantes poidan amosar os seus coñecementos sobre as materias comúns e as materias específica contidas no programa (base específica 10).

A proba consistirá en:

Un exame tipo test que abrangue a totalidade do programa (materias comúns e específicas).

· Nº de preguntas do exame tipo test: 22.

· Tempo de realización da proba: 1 hora.

· Criterios de corrección:

1. Das preguntas e respostas alternativas elixirase unha como resposta, puntuando cada unha 1 punto.

2. As respostas erróneas restan 0,30 puntos, de forma que:

1. - Cada pregunta fallada resta 0,30 puntos

2. - Cada pregunta acertada equivale a 1 puntos.

Esta proba é obrigatoria e non é eliminatoria.

8.2.3.- Terceiro exercicio: Coñecemento da lingua galega.

O artigo 51.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia establece que:

“[…], para darlle cumprimento á normalización do idioma galego nas Administracións Públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas Administracións Públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do Galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso aos postos das Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega consonte a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, se é o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega.”.

Aquelas persoas aspirantes que non acrediten o nivel de galego sinalado na base especifica 8 deberán realizar esta proba que consistirá na tradución dun texto en castelán para o galego 0ou en galego para o castelán.

Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase con apto ou non apto.

9.- CUALIFICACIÓN FINAL:

A cualificación final desta fase será a resultante de sumar as puntuacións obtidas nos dous primeiros exercicios. A dita fase poderá ser superada por un número de aspirantes superior ás de prazas convocadas.

9.1.- Publicidade da relación de aspirantes aprobados:

Rematada a fase de oposición, o Tribunal publicará,  no taboleiro de anuncios do Concello e naqueloutros lugares que se estimen oportunos, a relación de aspirantes aprobados, coa indicación da puntuación final obtida conforme ao estipulado na base décimo segunda, apartado 2 das Bases xerais reguladoras deste proceso selectivo.

10.- PROGRAMA DE ACCESO.

A) MATERIAS .

Tema 1.- O Municipio. Conceptos e elementos. Competencias municipais. Organización municipal

Tema 2.- O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. Dereitos e deberes dos empregados públicos. O código de conduta. Principios éticos e de conduta. A responsabilidade do persoal ao servizo das Administración Públicas.

Tema 3.- Rasgos estructurais do termo municipal (termo municipal, poboación, infraestruturas, distribución xeográfica e parroquial, orografía ...)

Tema 4.- Características e necesidades de atención hixiénico-sanitaria das persoas dependentes

Tema 5.- Administración de alimentos e tratamentos a persoas dependentes no domicilio

Tema 6.- Mellora das capacidades físicas e primeiros auxilios para as persoas dependentes no domicilio

Tema 7.- Mantemento e rehabilitación  psicosocial das persoas dependentes en domicilio

Tema 8.- Apoio as xestións cotiáns das persoas dependentes

Tema 9.- Interrelación, comunicación e observación coa persoa dependente e o seu entorno.

Tema 10.- Xestión, aproveitamento e cociña na unidade familiar de persoas dependentes

Tema 11.- Mantemento, limpeza e organización do domicilio de persoas dependentes.

Guntín, 9 de  outubro do 2018.

 

O ALCALDE,

 

Jesús Carreira Ferreiro.

I.- DATOS DO EMPREGO QUE  SOLICITO:

DENOMINACIÓN: Auxiliar de Axuda a Domicilio.

II.- DATOS PERSOAIS:

PRIMEIRO APELIDO:

 

SEGUNDO APELIDO:

NOME:

DNI:

TELÉFONO PARTICULAR:

TELÉFONO MÓBIL:

 

DOMICILIO PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓNS:

 

MUNICIPIO E PROVINCIA:

CÓDIGO POSTAL:

CORREO ELECTRÓNICO:

 

 

 

 


III.- EXPOÑO:

Que reúno todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases xerais e específicas:

Ø Ter nacionalidade española, comunitaria ou asimilada.

Ø Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder da idade máxima establecida para a xubilación forzosa.

Ø Estar en posesión do título académico  esixido nas Bases Específicas.

Ø Posuír a capacidade física e psíquica necesaria para o exercicio das correspondentes funcións.

Ø Non estar inhabilitado nin suspendido para o exercicio de funcións públicas e non ter sido separado do servizo dunha Administración Pública.

 

Así mesmo, manifesto que solicito a adaptación das probas  polos motivos que se expresan (en folio aparte especificar os motivos da minusvalía e as adaptacións que se solicitan)

IV.- DOCUMENTACIÓN ADXUNTADA SEGUNDO AS BASES

.....................................................................................

.....................................................................................

......................................................................................

......................................................................................

.....................................................................................

......................................................................................

 

V.- SOLICITO:

Ser admitido á convocatoria citada, a fin de participar no proceso selectivo correspondente

………………., .......... de ........................... de ….......

 

Asdo:...........................................

Última actualización el Miércoles, 24 de Octubre de 2018 11:40
 
BASES CONDUCTOR TRACTOR-DESBROZADORA PDF Imprimir E-mail
Escrito por Perfil Contratante   
Lunes, 08 de Octubre de 2018 13:11

Para ver o documento prema aquí

Última actualización el Lunes, 08 de Octubre de 2018 13:13
 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Próximo > Fin >>

Página 1 de 9
Agenda
November 2018
S M T W T F S
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 1
Infórmate del tiempo que va a hacer hoy en el Ayuntamiento
Envianos imágenes de tus rincones y fiestas favoritas
Ayuntamiento 982320001 - Centro de Salud de Guntín 982320905 - Centro de Salud de Lousada 982208243 - Guardia Civil 982320007